O GATO CON BOTAS

Tomando como base unha partitura orixinal do compositor galego Rogelio Groba, O Gato con Botas é unha produción de gran formato para o público infantil que une a herdanza da tradición oral, a música clásica interpretada en directo pola Orquestra de Cámara Galega e a escenografía por vídeo mapping creada por Qatrogatos e implementada por…

SANTI RODRÍGUEZ, Cómo en la casa de uno… en ningún sitio

Santi Rodríguez, o froiteiro de 7 vidas, volve a Galicia para estrear o seu novo monólogo. Unha visión sobre o turismo, viaxar ao estranxeiro e o ben que se está na casa. E é que Santi teno claro, Coma na casa dun … en ningún sitio.

ROBIN HOOD [TEATRO EN INGLÉS]

Obra de teatro en inglés para nenos, recomendada para un nivel de 1º a 4º de primaria. Unidade Didáctica

CORO GAOS, en concerto

O Coro Gaos nace en outubro de 2010 como continuación do proxecto da Orquesta Gaos. Está constituído por 60 voces e todos eles teñen unha ampla experiencia en diferentes coros da comunidade. O seu repertorio é principalmente “a capella” aínda que tamén ten cabida a música sinfónico-coral. En xaneiro de 2011 fai a súa presentación…

EL LENGUAJE DE TUS OJOS, de P. MARIVAUX

Este texto pareceume belo, enxeñoso, sorprendente e sobro todo oportuno. Belo porque ten unha linguaxe elaborada pero trátase dunha prosa sinxela, unha prosa directa aos sentidos, á intelixencia e ao corazón. Un auténtico pracer escrito para ser dito, sentido e escoitado. Porque nesta función non se fala de amor senón que os personaxes namóranse, non…

EL CASCANUECES, FERRO TEATRO

Ferro Teatro é unha produtora teatral, nova e entusiasta que xorde da asociación de varios cantantes líricos profesionais de recoñecido prestixio e ampla experiencia neste ámbito. A súa pretensión básica é a creación do acto de ‘ir ao teatro’, utilizando como instrumento básico a difusión de valores, o humor e un traballo fresco, mozo e…

NOCHE DE REYES [TEATRO ACCESIBLE]

Noche de Reyes é un proxecto de espectáculo teatral completamente accesible, en todas as súas funcións, para persoas con discapacidade sensorial (xordos e cegos). A primeira novidade do noso proxecto é que é accesible desde a súa concepción, e polo tanto, todos os elementos, dende o deseño escenográfico ata o traballo dos actores, diríxense a…

FUENSANTA LA MONETA, Paso a Paso

CO APOIO DE O camiño percorrido por esta xoven bailaora mergúllase nas máis profundas raíces do flamenco, na procura de súa propia expresión e comprensión desta arte na que se sinte libre e sosegada collendo as rendas da escea, absorvéndoa e transportando ao espectador coa súa maxia. PASO A PASO é a síntese da súa…

EL INTÉRPRETE, con ASIER ETXEANDÍA

ASIER ETXEANDÍA Actor, cantante, intérprete. Nado en Bilbao. Gañador en 2012 dos premios Max e Unión de Actores á mellor interpretación masculina na obra La Avería de Blanca Portillo, puidemos velo tamén en Medea, Hamlet, Barroco e Infierno de Tomaz Pandur. En El sueño de una noche de verano dirixida por Tamzin Towsend, e Cabaret…

DON JUAN TENORIO [ESTREA] Produción propia

Estreamos unha produción do Teatro Colón, a Orquestra de Cámara Galega e a compañía de Teatro Noite Bohemia. O costume de escenificar “Don Juan Tenorio” de José Zorrilla (1884) arredor do Día dos Defuntos é unha tradición que ten as súas orixes a mediados do século XIX e que se debe ao feito que os…