II GALA SIENTE CORUÑA, Zona Comercial Obelisco

Seguindo coa liña de apoio ao comercio local o Teatro Colón volve acoller a II Gala Siente Coruña organizada pola Zona Comercial Obelisco, unha colaboración coa que seguir traballando no noso entorno socieconómico máis inmediato. Tras o éxito da primeira edición volve esta II Gala con máis moda, baile e música en directo para gozar…

CONCERTO 20º ANIVERSARIO DA OCGa

A Orquestra de Cámara Galega presenta a gala de celebración dos 20 anos da súa fundación. Para unha efeméride tan especial, a OCGa deseñou un variado programa con obras tan emblemáticas como as “Catro Estacións” de Vidaldi e unha segunda parte con obras do compositor galego Rogelio Groba, referente na actividade artística da orquestra nestes…

POKER DE VOCES

Que ocorre cando catro grandes voces do musical en España se xuntan para un espectáculo? A resposta: Póker de Voces. Catro Voces, Catro Personalidades, Catro Artistas consagrados que unen o seu talento para un concerto diferente. Un repertorio que demostra por que foron protagonistas das máis importantes producións de teatro musical dos últimos anos en…

LAS HERIDAS DEL VIENTO, TalyCual Producciones

ESPECTÁCULO RECOMENDADO POLA RED DE TEATROS Las heridas del viento é un dos textos máis premiados e estreados a nivel mundial de Juan Carlos Rubio (Estados Unidos, Grecia, Italia, México, Argentina, Chile, Puerto Rico, Costa Rica …). Agora preséntase no noso país, por vez primeira, cun extraordinario elenco español e a dirección do propio autor….

JUNTOS Y SEPARADOS, Compañía María Fernanda D’Ocon

JUNTOS Y SEPARADOS é unha comedia brillante que se escoita con pracer, con dous primeirísimos actores como MARÍA FERNANDA D’OCON e CARLOS MANUEL DÍAZ. Un editor xubilado, unha señora pouco reflexiva, unha foto antiga e uns prismáticos constitúen unha pista segura para levarnos ao sorprendente final desta comedia. DOSSIER

SOPA DE SAPO, Talía Teatro

Talía Teatro é unha compañía creada en 1988 cun selo propio e orixinal. Os seus espectáculos son unha marca con denominación de orixe que definen un estilo e unha forma de facer teatro. Hoxe, consolidáronse como unha das compañías galegas con máis capacidade de produción e distribución. Desde os seus inicios, perseguen a dignificación do…

ILUSIONANTE, Ilusionista Pedro Volta

Despois da boa acollida o segundo semestre da RGTA en 2014 en Ourense, O Carballiño, Carballo e Vigo no Auditorio Municipal (colgou o cartel de non hai entradas) e este verán en Baiona e Sanxenxo, Pedro Volta presenta o seu novo show ILUSIONANTE para continuar coa súa xira por toda Galicia no primeiro semestre de…

LOVE PAIN LOVE

Ángel Martín e Ricardo Castella escribiron unha película para Hollywood acerca de que amar, ás veces, proe. E estana axustando en teatros antes de chamar a Banderas, Pe e Bardem para que lles vaian pasando teléfonos e todo iso. Ángel Martín e Ricardo Castella regresan aos escenarios cun segundo espectáculo tras o éxito de ‘Nunca…

MILES GLORIOSUS, Compañía Noite Bohemia

A compañía de teatro Noite Bohemia achégase ao texto de Plauto dende o punto de vista dunha comedia total. Sesenta minutos de gags e situacións irrisorias para crear unha comedia ambientada nunha roma moi imperial. Soldados, escravos e mulleres de mal vivir para unha proposta de hai 2000 anos moi actualizada.

CAFÉ QUIJANO, El Bolero vol. 3

1- Apartáronse hai dez anos da música. Fixérono cun último disco que foi número un en ventas. Era puro rock! Aparecen, tras ese longo paréntese, cun xénero totalmente oposto ao da súa anterior etapa, Boleros!. Novo número 1 en ventas, nove anos despois! 2- No mes de xaneiro de 2013, oito semanas despois do seu…

BACANTES, Compañía Noite Bohemia

Un famoso filósofo alemán dixo desta obra que significou o fin da traxedia, que entre a loita da razón e o irracional, o estado e a natureza, a medida e a desmesura, a individualidade e o cosmos, Dioniso e Apolo, que entre a loita de todo isto plantouse un demo, Sócrates, e que triunfou. O…

O FURANCHO, Ibuprofeno Teatro

MARIÁN BAÑOBRE e ISABEL RISCO, artistas multidisciplinares, sempre na vangarda do deseño e das últimas tendencias, preséntannos a súa última creación: O furancho. Un espazo cargado de ‘agroglamour’ no que se fusionan as tendencias máis ‘trendies’ con elementos propios da máis pura tradición, como os zocos e o pololo. Cada un dos detalles é parte…