Música

Pablo Sanmamed

MAIO JAZZ | PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

Ben Vennas Maio, de Pablo Sanmamed, é un camino aberto ás Cantigas de Alfonso X a través de dúas linguaxes que se encontran: as da música medieval e o jazz.

Editado por aCentral Folque en formato vinilo, neste traballo a música conflúe con outras dúas propostas artísticas: as que ofrecen as fotografías de Eutropio Rodríguez e a creación literaria de Alba Cid.

Música, texto e fotografía presentan entidade propia ao tempo que dialogan sobre os temas centrais de Ben Vennas Maio: as cantigas, a primavera, a muller.

Para este proxecto o contrabaixista e compositor Pablo Sanmamed conta con músicos de talle internacional como Begoña Olavide (salterio e voz), Elena Tarrats (voz), Xurxo Varela (viola de gamba), Iago Mourinho (piano), Chus Pazos (batería) e Carlos Castro (percusión). O resultado xorde do encontro natural entre os membros da banda, que conectan os mundos da música antiga e o jazz.

A liberdade compositiva e de ornamentación son dúas máximas da proposta de Ben Vennas Maio. As mans e as voces destes músicos ofrécennos unha viaxe a través de nove cantigas da autoría de Alfonso X, reinterpretadas e nalgún caso musicadas para a ocasión.

 

Prezo: De balde | CONVITES ESGOTADOS



DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 9 de Maio de 2021 | 20:00