Música

OSG Sinfonietta

RESIS | IV FESTIVAL DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA A CORUÑA

 

A OSG Sinfonietta ofrece un heteroxéneo programa no que unha mostra da obra das novas xeracións de compositoras galegas como Carme Rodríguez e Sofía Oriana -habituais no ámbito da música cinematográfica- comparte escenario coas músicas de autores xa consagrados como Xavier de Paz, Paz Pita e Federico Mosquera.

O concerto da OSG Sinfonietta que pecha a cuarta edición do FESTIVAL RESIS inclúe a interpretación do Divertissement de Jacques Ibert, escrito como música indidental para o teatro por parte dun autor que, como Carme Rodríguez e Sofía Oriana, tamén escribiu para o cine.