O Coro Gaos nace en outubro de 2010 como continuación do proxecto da Orquesta Gaos. Está constituído por 60 voces e todos eles teñen unha ampla experiencia en diferentes coros da comunidade. O seu repertorio é principalmente “a capella” aínda que tamén ten cabida a música sinfónico-coral. En xaneiro de 2011 fai a súa presentación na inauguración da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, acto presidido polas Súas Altezas Reais os Príncipes de Asturias. Ao mesmo tempo, participa en diferentes festivais e certames corais, no Festival de Amigos da Ópera da Coruña, nas súas edicións LIX e LX (L’elisir d’amore, dirixidos por Cristóbal Soler e dirección escénica de Francisco López, e Madama Butterfly, dirixidos por Marcello Panni edirección escénica de M.Pontiggia) e no I e II Ciclo de Catedrais coa misa de Réquiem de W. A. Mozart e a Messa di Gloria de G. Puccini xunto á Orquesta Gaos con motivo da celebración do 800 aniversario da Catedral de Santiago de Compostela.
En 2013 é seleccionado para participar no XLIII Certame Coral de Ejea de los Caballeros, e participa novamente no Festival de Amigos da Ópera da Coruña: na ópera Lucia di Lammermoor (dirección escénica de A. Romero Mora) e na Gala Lírica Homenaxe a G. Verdi, xunto a Gregory Kunde e Juan Jesús Rodríguez, baixo a dirección de Ramón Tébar.
CORO GAOS, en concerto

PROGRAMA