Música

Oîma

MAIO JAZZ | PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

Oîma é un trío de músicas para baile de tradición galega e europea formado por Antía Ameixeiras (violín), Olalla Liñares (clarinete) e Martiño Senande (acordeón diatónico). Presentan agora o seu primeiro disco, Ala!, unha viaxe no tempo e no espazo, unha reivindicación da música instrumental.

Oîma é unha proposta musical concibida tanto para escoitar como para botarse a bailar. A través deses tres instrumentos achégannos música tradicional e tamén de composición propia, ligando os ritmos galegos (muiñeira, xota, pasodobre, valse) cos doutras latitudes (chapeloise, scottish, bourrée, rachenitsa). Xuntáronse no 2015 e desde aquela pisaron unha chea de escenarios, tanto en formato concerto como en formato balfolk, pero non foi até decembro de 2019 que editaron o seu primeiro disco, Ala!

Foron finalistas a mellor banda de músicas do mundo nos Premios Martín Códax da Música 2020.

 

Prezo: De balde.



DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 2 de Maio de 2021 | 20:00