Recital Multidisciplinar

O poeta é un cazador alucinado

Poemas de Avilés de Taramancos con Eva Veiga, Bernardo Martínez e Fito Ares

Recital multidisciplinar -música, poesía e pintura- que ten como núcleo fundamental da súa realización unha escolla de textos da obra poética de Antón Avilés de Taramancos, unha das voces  máis importantes da poesía contemporánea; unha voz universal que vén iluminarnos hoxe en día con abraiante lucidez e vixencia.

Cando van cumpridos 25 anos do seu pasamento, o Grupo Ouriol quere celebrar a este imprescindible autor e a súa obra cun espectáculo que consiste no recitado dos seus poemas por parte da poeta e comunicadora Eva Veiga, ao tempo que os músicos Bernardo Martínez (percusión e xoguetes musicais) e Fito Ares ( frauta e saxo soprano) inter-actúan de forma instantánea coa palabra a través das suxestivas sonoridades dos instrumentos. Asemade, durante o recital proxéctanse as imaxes realizadas para o evento polo artista Alfonso Costa.

En definitiva, trátase de compartir unha experiencia estética o más integral posible de modo que o inesperado apareza en total conexión co público.

Prezo: Gratuíto, é necesario retirar a entrada na web de Ataquilla ou na billeteira do Teatro. Consultar horario da billeteira na zona entradas desta mesma web.



DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 11 de Xaneiro de 2018 | 20:30