Prezo: 20 € (VR) / 24 €
Duración: 90 minutos
Idioma: CAS
Calificación: + 14
Duración: 90 minutos
Idioma: CAS
Calificación: + 14
Tres vellos amigos quedaron para xogar a partida de cartas habitual, sen embargo un deles atrásase inexplicablemente. Ten unha boa razón: asasinou á súa muller.
NUESTRAS MUJERES, Pentación Espectáculos
Cun punto de partida sorprendente, potente, de pura teatralidade, Assous preséntanos o seu máis recente éxito teatral: ‘Nuestras Mujeres’ (Nos Femmes). Poñendo en cuestión moralidade, conviccións íntimas e ética persoal, o autor propón un xogo vertixinoso no que tres personaxes masculinos combaten nun duelo sen cuartel con outras tres mulleres que, sen aparecer nunca sobre a escena, provocan unha acción na que se discute unha íntima cuestión: Qué supón ser un home hoxe en día?
‘Nuestras mujeres’ presenta temas universais: o valor da amizade, o compromiso ante o deber, a idea de xustiza por riba de todo, a loita entre o correcto e o incorrecto. Qué facer cando un vello amigo comete un crime? Delatalo? Salvalo? Este conflito pon a proba a Max, Paul e Simón nunha noite que pode supoñer a ruína dos tres.
Esta versión española estará interpretada por tres actores máis novos (o texto orixinal presenta personaxes na sesentena): Gabino Diego, Antonio Garrido e Antonio Hortelano, todos eles curtidos nas claves da comedia. Formulada cos mesmos conflitos principais da obra francesa, aquí incídese no aspecto máis chispeante e xoguetón da obra teatral, na súa esencia de vodevil, centrándose nunha xeración máis dinámica, determinante neste momento social e político, aportando enerxía e vitalidade á ‘ollada xeracional’ que subxace baixo o texto.
Con diálogos picados, contundentes, que en ocasións remiten a David Mamet e unha estrutura ‘de ferro’ ao xeito de Yasmina Reza, en ‘Nuestras Mujeres’ subvértense as máis íntimas convicións e crenzas, desenmascárase a falsa imaxe que albergamos sobre cada un de nós, sobre a nosa realidade, e todo isto cun sorriso: aquí a reflexión profunda preséntase de forma leve, sutil, case irónica, na máis pura tradición do vodevil francés.
Fronte ao pragmatismo, a mentira e a manipulación – todo vale con tal de salvarse- a reacción dos personaxes móvese dende o cinismo –que actúa como un sutil aceno á actualidade política e económica desta época convulsa, tanto en Francia coma en España- á falsa tolerancia, a comprensión sincera e mesmo a vinganza persoal. E tamén suxire un debate particularmente polémico: a posibilidade de que o machismo e a permisividade ante o maltrato á muller non teñan desaparecido entre os individuos privilexiados e cultos, as elites, nin sequera nunha das rexións máis civilizadas do mundo: Europa.
DOSSIER