Comedia

No te metas en política tour

ENCONTRO MUNDIAL DE HUMORISMO (EMHU)

 

NO TE METAS EN POLÍTICA, TOUR é un show baseado no late night emitido en YouTube da man dos humoristas Facu Díaz e Miguel Maldonado. Despois de dúas temporadas completas con entradas esgotadas en Madrid, Díaz e Maldonado lánzanse á estrada para levar o seu peculiar xeito de entender a actualidade a todas partes. Neste novo espectáculo, os cómicos repasarán tanto os acontecementos máis destacados do panorama político como o trato que reciben por parte dos medios de comunicación. Un cataán de orixe uruguaia e un murciano chegan á cidade: afástense ou se farán dano.

Facu Díaz (Montevideo, 1993), presentador e humorista é famoso polos seus comentarios polémicos en Twitter, onde é seguido por 168.000 persoas. Foi o director do programa La Tuerka News. Actualmente forma parte do proxecto humorístico ‘No te metas en política (NTMEP)’, co cómico Miguel Maldonado, e colabora no programa Late Motive de Andreu Buenafuente. Antes xa se subiu aos escenarios en solitario co seu monólogo ‘Pido disculpas’, co que xirou por todo o país colleitando grandes éxitos.

Miguel Maldonado (Murcia, 1986), licenciado en Historia da Arte, traballou como realizador na canle de YouTube La Tuerka. Alí coñeceu a Facu Díaz e pasou de estar detra´s das cámaras a poñerse diante en La Tuerka News. A audiencia do programa medrou de tal xeito que naceu ‘No te metas en política’, un experimento que engloba YouTube e teatro. Os éxitos colleitados con NTMEP en YouTube e coa xira en teatro, así como a súa presenza na rede (ten 57.7000 seguidores en Twitter) levou a Miguel Maldonado a posicionarse entre os cómicos máis relevantes do momento e a participar como colaborador fixo no Late Motiv de Andreu Buenafuente.

Prezo: 14€ | 16€ | 18€
Duración: 2 horas
Idioma: Castellano
Calificación: +16

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 17 de Maio de 2019 | 19:30