Teatro

MONÓLOGO DO IMBÉCIL, con Xosé A. Touriñán

O ‘Monólogo do imbécil’ é un unipersoal no que elaboramos a biografía dun home desde o momento da cópula dos seus pais, aló polo ano sesenta, ata agora mesmo. Un individuo que ante o absurdo da súa vida e do momento histórico que lle toca vivir séntese desprazado unha e outra vez.

Unha autobiografía surrealista, tenra, cómica e fantástica coa que todo o mundo acaba identificándose. Quen non se sentiu algunha vez coma un imbécil?

Premio Max de Teatro 2003 ao mellor texto en lingua galega

Prezo: 10€ (VR) / 15€
Duración: 60 minutos
Idioma: GAL
Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 2 de Decembro de 2016 | 20:30
  • Sábado, 3 de Decembro de 2016 | 20:30

SINOPSE

A Santi todo lle sae mal. El procura comportarse coma os demais, ten ilusión por ir á escola coma todo o mundo, por ter un traballo coma todo o mundo e casar cunha rapaza coma todo o mundo, pero sempre sucede algo que acaba deixándoo con cara de parvo.

É certo que ten unha tendencia a estar sempre nas nubes. E ás veces queda parvo mirando a ningures. E pensa: 'Que fago eu aquí... coma un imbécil'.

Así que un día decide mirar atrás na súa biografía para ver de buscarlle o sentido ás cousas, e remóntase ao momento mesmo da súa concepción e aínda máis, a cando só existían un espermatozoide algo parvo e un óvulo despistado, e comeza a falalo todo desde o principio ata o preciso momento en que llo conta ao público.



FICHA ARTÍSTICA

AUTOR: JOSE PRIETO. INTÉRPRETE: XOSÉ ANTONIO TOURIÑAN. DIRECCIÓN: JOSE PRIETO. ASESORAMENTO LINGÜÍSTICO: SANDRA ROMARIS, XOCAS LÓPEZ. ESPAZO SONORO E ILUMINACIÓN: ANXO GRAÑA. VESTIARIO: MARI SEOANE. MAQUILLAXE: SUSANA VEIRA CASTELLVI. FOTOGRAFÍA: AIGI BOGA. DESEÑO GRÁFICO: ROI FERNÁNDEZ (LE GRÁFICA). COMUNICACIÓN: SONIA DÍAZ. DESEÑO DE PRODUCIÓN: JULIO PERUGORRIA. PRODUCIÓN EXECUTIVA: MERCEDES CASTRO.