Prezo: Patio butacas, palcos, anfiteatro (principal): Anticipada: 12, 10 e 8 €. Día da función: 15, 12 e 10 €
DATAS E HORARIOS
- Sábado, 7 de Outubro de 2017 | 20:30
FICHA ARTÍSTICA
INTÉRPRETES: Carlos Blanco e Luís Davila. TÉCNICO DE LUZ E SON: Dani Juncal. TÉCNICO DE VÍDEO: Breixo Giraldo. TÉCNICO ESCENARIO: Román Lecuna.
Menú da noite
Carlos Blanco e Luís Davila
Luís Davila e Carlos Blanco deixan (momentaneamente) a saia escocesa e póñense smóking para sachar como é debido. E ata cociñan caldo en directo. Literalmente.
O debuxante de Bueu e o actor arousán combinan novamente inxenios e artes para atopar o cóctel perfecto.
Desta volta viaxan a Broadway. Cos sachos, claro. E bailan (?) claqué e todo. Animación incluída.
Un xoguete escénico, un traballo a dúo onde a comedia ten finalmente a cobertura visual que nunca tivo. Menú da Noite. I+D.
Con música de Budiño e Kepa Junquera. Risas aseguradas (e debuxadas).