Música

Maio Jazz | Nómade, de Marcos Coll

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA: MAIO JAZZ

 

Despois dunha carreira de trinta anos, principalmente no terreo do blues, acompañando a lendas do xénero por festivais de todo o planeta, Marcos Coll adéntrase nas súas raíces dando lugar a un crossover de cancións moi melódicas, cantadas a través dunha das harmónicas máis importantes a nivel mundial e que abarca desde muiñeiras galegas, coplas castelás e cumbia ata bolero ou norteña mexicana, ritmos e estilos que á súa vez estiveron sempre presentes en calquera romería de Galicia, onde se críó.