Música

Maio Jazz | Cuarteto Federal

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

Esta proposta quere provocar o encontro entre catro talentos do Jazz contemporáneo da España do século XXI. Catro músicos convocados dende a periferia tanto xeográfica como estilística: piano, batería, saxo e contrabaixo. Andalucía, Catalunya, Canarias e Galicia. Javier Galiana, Guillem Arnedo, Kike Perdomo e Xacobe Martínez Antelo.

Esta reunión artística conecta catro músicos nados nas décadas dos 60, 70 e 80, unha oportunidade única para explorar os lugares comúns, as diversidades territoriais, e as posibilidades que esta experiencia pode xenerar. A proposta artística pasa por xenerar material musical orixinal para esta formación, poñendo especial fincapé nas singularidades de cada territorio, sen renunciar á liberdade que proporciona a linguaxe común ós 4 músicos: o Jazz contemporáneo.

  • Xacobe Martínez Antelo : contrabaixo
  • Javier Galiana : piano
  • Kike Perdomo : saxo
  • Guillem Arnedo : batería