Música

Luar Na Lubre XX. Encrucillada

FOLK NO COLÓN

 

Luar Na Lubre, o grupo máis internacional do folk en Galicia, presenta as cancións do seu novo traballo Luar Na Lubre XX. Encrucillada, editado en formato libro-disco, que recolle algúns dos temas máis emblemáticos do seu amplo repertorio, coa participación de diferentes voces que pasaron polo grupo, ademais dunha cronoloxía fotográfica e literaria da súa dilatada historia, cos testemuños de máis de 60 personalidades da música, a literatura e o xornalismo.

Prezo: ENTRADAS ESGOTADAS



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 26 de Xaneiro de 2024 | 20:30