‘Lo nuestro’ é o título do novo espectáculo dos guitarristas Fernando Egozcue e José Luis Montón que unen os seus talentos por vez primeira para presentar un proxecto onde exploran dous dos xéneros máis universais: o tango e o flamenco.
Cunha extensa carreira, tanto en solitario como colaborando con figuras de primeira liña, ambos artistas están considerados como referentes cada un no seu xénero aportando o seu estilo persoal que os leva a transcender as obras mestras do tango e flamenco con composicións e arranxos propios para presentar un concerto único.
O tango está considerado como un dos ‘paus’ básicos do flamenco, abrindo a súa expresión rítmica novos camiños. Os estudosos do xénero estiman que a súa orixe é afrocubana. Todos os seus estilos souberon adoptar o ritmo e metro binario do tango para converterse en xéneros flamencos con identidade propia, ao mesmo tempo que chegaban a Bos Aires, dende Europa pero tamén dende Cuba e dende África, as bases musicais para crear o universal tango porteño.
No repertorio deste espectáculo reviven os paus flamencos onde as raíces máis se adentran, tonás, seguiriyas, soleá, malagueñas, bulerías para abrazarse ao revolucionario Astor Piazzolla en ‘Libertango’, Ángel Villoldo con ‘El Choclo’ que se entrelazan con composicións orixinais de Fernando e José Luis.
A música de Egozcue é de raíz arxentina e intensamente emotiva, concibida coma unha música de cámara, cun forte e fluído desenvolvemento rítmico. Tanto a súa formación clásica como a influencia do jazz e as músicas contemporáneas combínanse para deixar paso á paixón e á forza expresiva dunha música auténtica, verdadeira, arrebatadora … logrando ser o autor dun xénero de música propio, único en todo o mundo que o consolidou como un reputado compositor e intérprete.
José Luis Montón destaca pola súa sensibilidade na improvisación e sensualidade na técnica que fan do seu directo un espectáculo de flamenco de primeiro nivel. Posúe o corazón e habilidade de converter, mesmo a nota máis anódina, nun torrente que vai medrando, ata capturar a máis pura expresión dunha arte, que non é simplemente un aluvión de notas, senón unha expresiva fusión de talento e alma.
Prezo: ANTES 02/01/2016: 10 € (VR) / 12 €. A PARTIR 03/01/2016: 12 € (VR) / 15 € Duración: 75 minutos
LO NUESTRO, TANGO Y FLAMENCO