Prezo: 25 € (VR) / 30 € / 35 €
Duración: 120 minutos
Calificación: TP
Duración: 120 minutos
Calificación: TP
DIRECTOR ARTÍSTICO E COREÓGRAFO: LEONID MILOVANOV. COREÓGRAFO-REPETIDOR: MAKSUT KUBANOV. DIRECTORA DO GRUPO VOCAL: GALINA MILOVANOVA. ARRANXOS MUSICAIS: ANATOLY MILOVANOV.
LEYENDAS COSACAS
A Compañía Estatal de Danza ‘Cosacos de Rusia’ (‘Казаки России’) – é unha das máis importantes compañías profesionais do país. O seu novo espectáculo chámase ‘Leyendas Cosacas’.
A compañía foi creada en 1990 na cidade de Lipezk por Leonid Milovanov, artistas de Honra de Rusia. Actualmente o seu elenco está composto por 50 artistas de diferentes xéneros: bailaríns (32), cantantes (9) e orquestra de cámara (9) que interpretan as cancións tradicionais con arranxos contemporáneos.
O programa pode entenderse como unha enciclopedia da vida cosaca presentada en forma viva con moitos efectos escénicos, proxeccións e traxes espectaculares que representan a historia e tradicións das rexións nas que vivían os cosacos: dende o río Don e o mar Negro ata Siberia e o Lonxano Oriente. O seu repertorio compóñeno máis de 20 danzas, 50 cancións e múltiples composicións instrumentais.
A compañía é ben coñecida en máis de 30 países como Estados Unidos, Gran Bretaña, Alemaña, Grecia, Dinamarca, España, Italia, Canadá, China, Corea, Portugal, Francia, Suecia, Noruega, Suiza, Polonia, Rumanía, etc. Cosacos de Rusia é a única compañía rusa de danza que participou na Gran Gala do 60 Aniversario de raíña de Gran Bretaña en maio de 2013.
A compañía coa súa arte intenta unir os diferentes países e culturas, organiza tamén o festival Amigos na Casa dos Cosacos de Rusia, que todo os anos se pode ver na cidade de Lipetsk ás beiras do río Don.
PROGRAMA
CRÍTICAS:
‘Olviden Riverdane, ‘Cosacos de Rusia’ é a máxima arte do folclore’
The Scotsman, 21.08.2001
‘O seu show pode definirse cunha palabra: Espectacular’
The Daily Telegraph, 02.03.2002
‘E sorprendente e moi espectacular –fantásticos músicos, cantantes e bailaríns’
Oxford Mail, 01.07.2003
‘Eles enganchan ao espectador dende o primeiro momento, e fan que quedemos sen alento’
Le Soleil, 25.08.2010