Concerto

LA SENDA DE AFRA E DIARIODEVERANO [XOVES DE MÚSICA]

XovesdeMusica_LOGOS

LA SENDA DE AFRA

lasendadeafra_PEQ

La Senda de Afra formouse en 2009 e está composto por Sheila Orro, Patricia Insua, Olalla Ferga e Ricardo Aradas, tamén coñecido como ‘Ricky Lee Rock’.

Cun pop rock melódico e guitarras sólidas destacaron resultando gañadores de varios concursos como Nordés dos 40 Principales e o QueroStar o mesmo ano. En marzo de 2012 gañan o Beefeater London Sessions, que os levou a Londres a gravar nos míticos Abbey Road Studios e por último a primeira final do Noroeste Pop Rock 2014, onde telonearon a Love of Lesbian entre outros.

Dentro da súa traxectoria cabe destacar o videoclip do tema ‘Tardes de Abril’ gravado no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña, así como a pulblicación do seu primeiro disco homónimo e totalmente autoeditado, sendo un traballo moi ben recibido. Nel podemos atopar as cancións ‘Viejos conocidos’ e ‘Descansa en paz’ creadas para as bandas sonoras das curtametraxes do director Luis Noriega.

Despois do seu segundo disco, que presentaron cun videoclip do single ‘Bicho’ e onde están incluidos os temas gravados en Abbey Road, compuxeron ‘La máscara de Renko’ para a película internacional ‘Renko’ que se estreará proximameente nos cines.

Co seu segundo disco na man, ‘Nuestro Secreto’, continúan dando concertos para seguir chegando cada vez a máis xente.

DIARIODEVERANO

Diariodeverano

Diariodeverano engalana as súas mellores melodías para levalas ao escenario do Teatro Colón. Tralo seu paso este verán polo Festival Noroeste Estrella Galicia e o Atardecer no Gaiás preparan para o Colón un concerto especial con proxeccións que reforzan a inmersión no mundo de ‘El extraordinario hombre estacionario’, o seu primeiro EP.

Diariodeverano é unha aposta de pop alternativo que nace en 2013 coma un proxecto persoal de Iago Gordillo; un coruñés que, tras pasarse anos soprando o saxo no Conservatorio de A Coruña, comeza a gravación do seu primeiro EP en Drum&Roll Studios: ‘El extraordinario hombre estacionario’. Un EP de 6 temas no que participan os músicos Iago Blanco e David Ferreiro e que ve a luz en xaneiro de 2015 tras unha exitosa campaña de crowfunding.

A banda actual a completan Iago Blanco, Daniel Añón e Alejandro Rapities, que en marzo de 2015 debutan na Sala Mardi Gras de A Coruña ante un cento de persoas. Xiran por máis salas coruñesas ese ano ata gañar o certame Xuventude Crea da Xunta de Galicia na Sala Sónar de Santiago de Compostela.

En febreiro e 2016 publican dixitalmente 3 cancións máis dentro o álbum O.L.A. e en maio lanzan o seu primeiro vídeoclip, ‘Todo va a ir bien’. Este verán participan no Festival Noroeste Estrella Galicia de A Coruña e no ciclo Atardecer no Gaiás en Santiago.

IAGO GORDILLO: Voz, teclado, saxo e proxeccións.
DANIEL AÑÓN: Guitarra.
ALEJANDRO RAPITIS: Baixo.
IAGO BLANCO: Batería.