Teatro

LA ESCUELA DE LOS VICIOS, Morfeo Teatro

Morfeo Teatro é unha compañía española con residencia en Burgos, especializada en teatro clásico, con presenza en festivais internacionais en diversos países, que realiza un intenso traballo de investigación, e que dende hai anos recibe unha cálida acollida pola súa singularidade. Na súa filosofía está o afán de adaptar ou rescatar pezas pouco habituais no repertorio clásico, asumindo un vangardista sentido da posta en escena, e cunha marcada proximidade co espectador.

CRÍTICAS

Prezo: ANTES 06/11/2015: 12 € (VR) / 15 €. A PARTIR DE 07/11/2015: 15 € (VR) / 18 €
Duración: 90 minutos
Idioma: CAS
Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 13 de Novembro de 2015 | 20:30

SINOPSE

Montaxe baseada nas sátiras e discursos políticos do xenio do Século de Ouro. Un concentrado da mellor irreverencia de Quevedo, escritos que no seu momento acadaron un grande éxito, provocando diversas polémicas, entre as que non faltaron acusacións de obra subversiva; e que, pola súa aceda crítica ás corruptelas de ministros, maxistrados e banqueiros sen escrúpulos, levaron ao autor ao cárcere en varias ocasións.

A obra presenta a un extravagante diaño agardando a dous necios aos que espera cativar coa súa ‘escola dos vicios’, a única na que os alumnos cobran por aprender. As titulacións serán: bacharelato en mentir, licenciado en enganar, doutor en roubar e catedrático en medrar. Os dous necios, tras unha inicial reticencia ao ver que é o diaño quen imparte as clases, métense de cheo na aprendizaxe polo xeneroso acordo proposto, conseguindo excelentes resultados, e moito máis alá das súas expectativas, ao ser nomeados Ministro e Maxistrado respectivamente, aínda que o diaño ten unha última e sorprendente ensinanza …



FICHA ARTÍSTICA

AUTOR: FRANCISCO DE QUEVEDO. DRAMATURXIA E DIRECCIÓN: FRANCISCO NEGRO. COMEDIANTES: MAYTE BONA, FRANCISCO NEGRO, FELIPE SANTIAGO.