Prezo: 8€ (VR) / 10€
Duración: 70 Min.
Idioma: Gal.
Calificación: + 14
Duración: 70 Min.
Idioma: Gal.
Calificación: + 14
ELENCO: ISABEL DE TORO. ESCRITO POR: OZKAR GALÁN. DIRECCIÓN: XOSÉ LEIS. TRADUCIÓN: ELISA SERRA. ESPAZO ESCÉNICO: AANTENA. AUDIOVISUAIS: IAGO VILARIÑO. ESPAZO SONORO: DRUM&ROLL STUDIOS. GRÁFICA: ISABEL DE TORO. IMAXE: LOSADASTYLE. PRODUCIÓN: BERNARDINO MARTÍNEZ. COLABORAN: COLON QUEER ALAS CORUÑA, SALA GURUGÚ, TEATRO COLÓN.
JUDY GARLAND, ALÉN DO ARCO DA VELLA. Ciclo Colón Queer 2017
Todos somos Judy. Judy Garland pasou pola vida buscando un motivo para pasar pola vida. É un deporte perigoso. Buscar un motivo para vivir é un deporte de alto risco. Un pode chegar á conclusión de que a vida non ten sentido.
Todos somos Judy. Todos buscamos sentirnos queridos. Achegámonos á persoa equivocada, afastámonos da persoa que puidese ternos amado, asasinamos a esperanza da verdade. Todos desexamos o ben aos demais, pensamos que a nosa viaxe polo mundo é unha viaxe especial. Todos quixemos bicar as estrelas; todos quixemos nalgún momento ser unha estrela.
Todos somos Judy Garland, por iso, faremos unha viaxe á beira de Judy, aferrándonos forte á súa man diestra, sentindo a suor fría que emana antes do espectáculo. Judy só falará un instante. Rógase silencio para a súa actuación estelar. Mentres tanto, camiñaremos a súa viaxe polas baldosas amarelas, sen quitar a mirada da súa figura. Je suis Judy.