Dixo: ‘Séntese unha corrente. Como se xa o tivera vivido. E é a primeira vez que estou aquí’. Un sutil vento eléctrico, sinal dun principio ordeante profundo e inalterado, que certos ritmos ou aromas distribúen polo corpo. O que non sabe é que quere dicirlle, ou mesmo se a comunicación é sequera posible entre dúas formas ou intelixencias tan diferentes.
A simetría do sabor foi rota espontaneamente; por algunha razón, o baleiro da súa teoría contiña un condensado que tomou a batuta violentamente. Cando lle preguntaron acerca do que máis desexaba, comentou que ‘quería aprender a tremer’.
‘O acto da coreografía en si obriga ao movemento a caer nun estado vibratorio definido e diferente a cada vez, constituíndose un evento singular. Topoloxicamente transferible, sen romper nin pegar, afásico, silente…; tratamos cunha linguaxe non lineal, senón espacial. Unha realidade non polar, senón aromática; que axencia ou asocia afectos pola súa espontánea interlocución. De pleno acontecer reconcíliase coa potencia, alterando as ondas da marea ou a orde do discurso. (…) Trátase de comprender que obviar a singularidade do desexo, atravesándoa de procesos que desnaturalizan a súa graza, é desconectar o corpo da súa potencia e interlocución co lugar’. Mecamística, jm.
Estou interesado en crear estratexia de desaparición singulares para a coreografía ‘la exforma’, descubrindo os propios límites do proceso. Poder traballar e presentar as distintas calidades do movemento desta investigación e encarnar a dramaturxia dun xeito concentrado e potente, afinando intelixentemente as texturas do movemento da mesma e facendo partícipe á comunidade. Desterritorializando os corpos das derivas discursivas tácitas que os producen a pesar seu. Creando coñecemento.
Dentro do proceso de investigación en artes do movemento que levo a cabo, estableceuse en distintos territorios a actualización dos seus vectores en diferentes encontros con axentes sociais e culturais para que, tanto dende o pensamento como dende o corpo, se potencie e desvíe o traballo.
Dinámicas a través das que dilucidar algúns contidos e poñelos en crise situando o foco no movemento, materia da danza, como un novo paradigma para conformar a nosa experiencia do real.
Atendendo a este tipo de estratexias de aposta por enarborar colectivamente discurso e no transcurso da investigación específica da miña coreografía ‘la exforma’, quero abrir o espazo de creación ao contexto desenvolvendo unha serie de dinámicas específicas: grupos de investigación, conferencias, seminarios, etc. As intervencións pasan polo desenvolvemento dun plan de programación expandida que busque as sinerxías entre as distintas actividades, desenvolvéndose en colaboración cos centros públicos e privados, estudando os seus ecos. A tal efecto sostense a creación dun contexto cultural máis interesante nas contornas nas que bailo.
Trátase dun encontro de corte práctico e intelectual con xestores, programadores, críticos, performers, profesionais da saúde, filósofos, artistas e outros, para achegar as formas contemporáneas da danza aos seus respectivos contextos, e así crear camiños de comunicación que acheguen as estratexias paradoxais que dende a arte do movementos estanse destilando para a asunción dun novo paradigma diso que chamamos o real, estratexias de desaparición que esta investigación estuda e actualiza coa intención de provocar sinerxías estimulantes e perversas que nos espabilen: persoalmente, sector e arredores.
Aprender é tan aditivo que hai que recordar que só é un xeito de pensamento en movemento.
‘A pulsión é unha forza constante, non ten nada de biolóxico; o biolóxico sempre está suxeito a un ritmo, mentres que a pulsión é constante; a pulsión non ten nada que ver coa necesidade, a pulsión non busca o leite, busca o peito e con iso a súa propia boca. A pulsión produce unha tensión constante, lonxe de calquera idea de equilibrio e adaptación, que son propios da necesidade. Sen embargo, xógase en relación ao Outro, alteridade que nos constitúe. A pulsión é parcial, non existe unha pulsión xeneralizadora, totalizadora, que reúna todas as pulsións parciais’. Jacques Lacan
Extraemos xeometría do murmurio das cordas, na corrente márcase o paso.
É recordar para poder distorsionalo e así facelo máis asumible.
RESIDENCIA DE INVESTIGACIÓN ANUAL E GRUPO DE INVESTIGACIÓN
RESIDENCIA DE INVESTIGACIÓN:
CO APOIO DE:
COLABORAN:
Prezo: ANTES 11/09: 8€. A PARTIR DE 12/09: 9€ Duración: 45 minutos
CREA E BAILA: JM. LUZ: OCTAVIO MÁS. VESTIARIO: MANOLO CREMALLERA. ESCENOGRAFÍA, TEXTOS E SON: JM. MÚSICA: OLEG KARAVAICHUK. COMUNICACIÓN E PRODUCIÓN: SABELA MENDOZA.
JAVIER MARTÍN, ‘La exforma’