Música

IVO POGORELICH [CICLO DE GRANDES INTÉRPRETES]

Ivo Pogorelich naceu en Belgrado en 1958. Aos sete anos recibiu a súa primeira clase de piano e con doce anos trasladouse a Moscova para estudar piano na Escola Central de Música e posteriormente no Conservatorio Tchaikovsky. En 1976 iniciou estudos intensivos coa célebre pianista e profesora Aliza Kezeradze, coa que se casou en 1980 e estivo casado ata a súa morte prematura en 1996. En 1978 Ivo Pogorelich gañou o Concurso Internacional de Música de Montreal. Sen embargo, foi o premio que non gañou o que o fixo mundialmente famoso. En 1980 presentouse ao Concurso Internacional Chopin de Varsovia, no que a súa eliminación na terceira volta desatou unha feroz controversia e atraeu a atención de todo o mundo musical cara o pianista.

Dende o seu recital de debut no Carnegie Hall de Nova York en 1981, as actuacións de Ivo Pogorelich causaron sensación en todas as grandes salas de concertos do mundo: nos Estados Unidos, Canadá, Europa, Xapón, Sudamérica e Israel. Foi convidado a tocar con numerosas grandes orquestras coma a Orquestra Filharmónica de Berlín e a Orquestra Filharmónica de Viena, todas as orquestras de Londres, a Orquestra Sinfónica de Chicago, a Orquestra Sinfónica de Boston, a Filharmónica de Nova York e a Orquestra de París. Así onde toque, as súas soberbias interpretacións da música confirman a orixinalidade do seu talento e intelecto. O ‘New York Times’ escribiu, ‘tocou cada nota exactamente, con tal sentimento, tal expresión, que el é unha orquestra completa’.

Ivo Pogorelich apoia a numerosos mozos músicos. En 1986 estableceu unha fundación en Croacia co obxecto de recadar fondos para outorgar bolsas destinadas a que mozos artistas continuaran os seus estudos no estranxeiro. Dende 1989 celébrase en bad Wörishofenthe o Festival Ivo Pogorelich: o obxecto do festival é apoiar a novas promesas da música ao comezo das súas carreiras dándolles a oportunidade e actuar xunto a célebres artistas. En 1993 celebrouse por vez primeira o Certame de Piano Ivo Pogorelich en California.

En 1994, o pianista creou unha fundación en Saraxevo co fin de recadar fondos para construír un hospital e ofrecer asistencia médica á xente de Saraxevo. Así mesmo, Ivo Pogorelich ofrece moitos concertos benéficos para apoiar, por exemplo, á Cruz Roxa, á reconstrución de Saraxevo, ou a loita contra enfermidades como o cancro ou a esclerose múltiple. Un dos seus obxectivos foi e segue a ser axudar aos artistas mozos impartindo clases maxistrais por todo o mundo. En 1988 foi nomeado pola UNESCO ‘Embaixador de Boa Vontade’.

Ivo Pogorelich asinou en 1982 un contrato en exclusiva para Deutsche Grammophon. Realizou máis de 15 gravacións con DGG como Sonatas de Piano de Mozart, Suites de Bach, Sonatas de Piano de Liszt e Scriabin e o Concerto nº1 de Piano de Tchaikovsky. O seu máis recente CD, é a Sonata para Piano nº2 de Chopin, Ravel Gaspard de la Nuit e a Sonata para Piano nº6 de Prokofiev.

Nos últimos anos tocou repetidamente en Europa, Europa do Este, Israel, Estados Unidos e Asía (Xapón, China, Taiwán).

PROGRAMA