Un divertido e emocionante repaso á historia da música rock en familia. Iso é o que propoñen o escritor Javier Becerra e a cantante Carolina Rubirosa neste concerto didáctico. El narra. Ela toca e canta. Xuntos contaxian aos pequenos o amor á música e as súas grandes iconas acompañadas dunha formidable banda de rock n’roll. Trátase dun espectáculo baseado no libro Isto é rock! (Hércules edicións) que chega agora cun toque do Nadal.
Despois de poñer a praza de María Pita patas para arriba este verán nas festas, este é o momento de repetir a experiencia e gozar das súas sorpresas. Haberá novas cancións, pezas do Nadal, convidados especiais e, sobre todo, rock, moito rock. De Chuck Berry a Joan Jett. De AC/DC a The White Stripes. E de The Rolling Stones a Queen. Todo iso coas ilustracións que fixo para o libro Catuxa Alonso. Unha gran festa para recibir o 2023 con máxima enerxía.
Ollo: se ao final os pais terminan comportándose como críos que ninguén se estrañe, é o que sempre adoita ocorrer.
Isto é rock!
Javier Becerra & Carolina Rubirosa con banda