Cine

INTERSECCIÓN | Miami Vice

FESTIVAL INTERSECCIÓN | CLÁSICOS MODERNOS

 

Estreamos a sección Clásicos modernos, onde se proxectarán no Teatro Colón en versión orixinal subtitulada dúas películas que riman e crean ecos co traballo que está a facer Total Refusal: Sin Perdón, de Clint Eastwood, seica o último gran western do cinema americano e a obra mestra do seu director; e tamén Miami Vice, de Michael Mann, adaptación cinematográfica da famosísima serie dos anos 80 e un novo golpe na mesa do mestre do thriller contemporáneo. O filme de Eastwood é un catálogo de personaxes marxinales que por unha vez, como en varias das propostas de Total Refusal, protagonizan o relato: prostitutas, pistoleiros retirados e un mundo que se apaga (o do Oeste americano). Pola súa banda, a saga de videoxogos de Grand Theft Auto non existiría sen unha serie como Corrupción en Miami (de feito, a súa segunda entrega, GTA: Vice City, está baseada directamente na creación de Mann). A versión fílmica da serie abunda na arquitectura dos espazos, na beleza da soidade, dos neóns dunha paisaxe morta e artificial onde aínda hai cabida para as paixóns humanas.

Ambos filmes estarán presentados polo curador da sección, Javier Trigales, e na presentación de Miami Vice contaremos coa presenza de dous dos integrantes de Total Refusal.

Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 26 de Outubro de 2024 | 18:00