Cine

INTERSECCIÓN | Internacional 8

DE FESTIVAIS: FESTIVAL INTERSECCIÓN

Ashkasha
Lara Maltz
2022 / España, Arxentina / 6 min / Estrea en Galicia
Distribución: Distribution with Glasses / info@distributionwithglasses.com

Ashkasha é un ser que se guía pola súa curiosidade, o que a leva a perder a súa cabeza e ser atrapada desde as profundidades. Alí somérxese nunha viaxe de descubrimento.

Lara Maltz (Bos Aires, Argentina, 20/01/1992). Artista visual, directora e animadora de stop motion. Graduada na carreira de Escenografía na Escola Metropolitana de Arte Dramática (EMAD), no ano 2014, en Bos Aires. Formouse en talleres con diferentes artistas en disciplinas como o gravado, debuxo, pintura, escultura e cerámica. Continúa os seus estudos graduándose do Máster de Animación e Realización Stop Motion na Escola de Cine de Barcelona (ECIB) no ano 2019. Psychophonic, o seu proxecto en grupo de fin de mestrado, foi seleccionado e premiado en numerosos festivais internacionais. Ashkasha é a súa primeira curtametraxe como directora, unha obra onde todo o seu universo artístico se pon en movemento.


El texto culpable (The Twilight of a Perturbed Consciousness)
Manuela Gutiérrez
2023 / España / 7 min / Estrea en Galicia
Distribución: Digital 104 Film Distribution / distribucion@digital104.com

“A mí me gustan rellenitas pero esta chica se pasa”, “Únicamente su culete a cuatros patas es apetecible”. Un filme construído a partir de foros de Internet onde homes comparten as súas experiencias coa prostitución.

Manuela Gutiérrez Arrieta (Santander, España, 2002). Realizadora con principal interese polo mundo do documental e a creación contemporánea. A súa última curtametraxe, Cosas que no van a morir, foi proxectado na sesión Emergencia do Festival Márgenes, Curtocircuíto, YOUKI en Austria, onde gañou o Premio á innovación, FFF en Romanía, NUFF en Noruega… A súa obra xira en torno ao concepto do íntimo, Internet e a exploración formal.


Viaje alrededor de mi ordenador (Journey through my computer)
Daniel Natoli
2023 / España / 13 min / Estrea en España
Distribución: Peripheria Films / peripheria.films@gmail.com

Un turista organiza unha viaxe a través do seu computador. Desde a aparente neutralidade da pantalla, está transformando o espazo urbano dunha cidade a miles de quilómetros da súa casa. Este falso documental visualiza as consecuencias da economía turística de plataformas. Un proceso mediado por datos, imaxes e cartografías online que altera profundamente o espazo, os modos de relación dos seus habitantes e incluso a propia representación das cidades, convertidas nun simple espectáculo.

Daniel Natoli (Málaga, 1987). Arquitecto pola Universidade de Málaga, desde 2016 desenvolve unha produción audiovisual centrada na arquitectura, o espazo urbano e o territorio. Os seus filmes estiveron presentes en numerosos festivais de cinema nacional e internacional, como o Festival de Cine de Málaga, o Festival de Cine Europeo de Sevilla (SEFF), o CINEMED de Montpellier (Francia), ALCINE, CORTADA ou o Festival Nuevo Cine Andaluz, entre outros. Tamén foron seleccionadas en festivais de cinema especializados en arquitectura como o Architecture Film Festival de Rotterdam (Holanda), o Lund Architecture Film Festival (Suecia), CINETEKTON (México) ou o Festival Internacional de Cine de Ponferrada, onde se alzou dúas veces co premio Retina Arquitectura nas súas 15ª e 18ª edicións. As súas pezas pódense ver en plataformas de streaming como Filmin ou Noficción e foron publicadas en diferentes revistas e medios especializados como ArchDaily (Plataforma Arquitectura), Architectural Digest (AD España), Tectónica, Arquitectura en corto ou a Fundación Arquia, entre outras. No 2021, catro das súas obras audiovisuais foron finalistas na XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo (BEAU). Entre 2018 e 2022, tres dos seus proxectos foron seleccionados no catálogo da VI e a VII edición Arquia Próxima e finalista da VIII edición. No 2022 recibe o Premio Málaga de Arquitectura, outorgado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Málaga, na categoría “Fomento da arquitectura”. No ámbito académico, en 2020 incorporouse ao equipo docente do Máster Universitario en Imagen y Comunicación de la Arquitectura (ICARQ) da Escuela Técnica Superior de Arquitectura da Universidad de Málaga (eAM´). É fundador da produtora Peripheria Films (www.peripheria.tv), membro da Mesa del Documental Andaluz e socio de DOCMA.


ALAS / TIERRA (Earth / Wings)
Maddi Barber
2023 / España / 11 min
Distribución: Selected Film / info@selectedfilms.com

Unhas fotos dun atardecer que pasan. Un libro de ras entre as mans. O rostro dunha muller, lendo. A partir do poema Esta es la mano que cuida, da veterinaria e escritora María Sánchez, este filme constrúese como un díptico sobre os procesos de aprendizaxe da nosa relación con outras especies.

Maddi Barber é cineasta. Licenciouse en Comunicación Audiovisual e realizou un mestrado en Antropoloxía Visual na Universidade de Manchester. Os seus traballos puidéronse ver en festivais como Visions du Réel, San Sebastián (Zabaltegi), Curtocircuíto, Zinebi, Alcances, Ji.hlava, Porto Post Doc e Las Palmas, entre outros. No 2019 crea a produtora Pirenaika. Neste momento atópase traballando no desenvolvemento da súa primeira longametraxe, Claros de bosque.


Al subsuelo con ella (To the subway with her)
2023 / España / 4:28 min / Estrea mundial
Producción: Animalario TV Producciones / soloparatustresojos@gmail.com

Tras o colapso pandémico e espiritual, comunidades artísticas clandestinas desfilan creativamente nas cavernas das nosas cidades, dando paso ao despiporre, á diverxencia e a maxia do caos. As criaturas do Subsolo marchan pola súa estación de non penitencia ao ritmo de Drum&Bass. Ao subsolo con ela! Abandonádevos á deriva. Abandonádevos á beleza.O desastre coida de todo!

María Cañas axitadora cultural, creadora audiovisual e pirómana de mentes. Licenciada en Belas Artes, doutorada en Estética e Historia da Filosofía na Universidade de Sevilla. Dirixe Animalario TV Producciones www.animalario.tv, un espazo de creación adicado á experimentación artística, á activación e á mediación, en pos do cultivo do lume interno e a risastencia. O seu traballo foi exhibido e premiado en multitude de festivais, feiras, eventos, espazos e centros de arte, museos, universidades, e galerías nacionais e internacionais.


Contadores
Irati Gorostidi
2022 / España / 19 min / Estrea en Galicia
Distribuidora: Kimuak / kimuak@filmoteka.eus

Durante as negociacións por un novo convenio do metal en 1978, un grupo de militantes libertarios defende ante os seus compañeiros de fábrica a súa radical postura mentres acreditan con decepción a atomización do movemento obreiro.

Irati Gorostidi Agirretxe (Valle de Egüés, 1988) é cineasta e actualmente está a desenvolver a súa primeira curtametraxe, Anekumen, seleccionada en Ikusmira Berriak 2022 e en programas de titoría e mercados. San Simón 62 foi gañador de X Films do festival Punto de Vista 2021 e estreouse no festival en 2022. Os seus filmes proxectáronse internacionalmente en festivais. Estudou arte e cinema, e foi bolseira Fulbright en Nova York.

Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 20 de Outubro de 2023 | 21:15