Teatro

Halley

CORUÑA COMUNICA CIENCIA

 

Quixese pedir un desexo, quixese poder verche algún día, quixese saber se me acordarei, se estarei preparado para verche e se o día que nos atopemos sexa capaz de dicir que son quen realmente quero ser. HALLEY é unha viaxe da man do cometa no que diferentes historias entrecrúzanse. Unha nena que fai estrelas con papel prateado, un concurso, un paseo pola praia… É unha viaxe para coñecelo e coñecerse a un mesmo. Desde o momento no que lin O cometa Halley, de Isaac Asimov, a idea de contar unha historia ao redor súa roldábame a cabeza. Teatro e ciencia xuntos nun mesmo monólogo. Como funcionan? Que son? Como inflúe o cometa nas vidas destes personaxes?

Co actor Julio Montaña.