Música

Grupo Ouriol | Ritos de resistencia

LETRAS GALEGAS | HOMENAXE A LUÍSA VILLALTA

 

O Grupo Ouriol, con máis de 20 anos levando os seus espectáculos a escenarios de dentro e fóra de Galicia, está formado polos músicos Bernardo Martínez e Fito Ares, xunto á poeta e comunicadora Eva Veiga e ao artista plástico Alfonso Costa. Os catro integrantes foron amigos de Luísa, coa que compartiron non só afectos, senón tamén colaboracións diversas.

O recital ‘Ritos de Resistencia’, dunha duración aproximada de 55 minutos, consiste no recitado dos poemas por parte de Eva Veiga, ao tempo que os músicos Bernardo Martínez (percusión e xoguetes musicais) e Fito Ares (frauta e saxo soprano) interactúan de forma instantánea coa palabra a través das suxestivas sonoridades dos instrumentos.

Ademais, durante o recital proxéctanse as imaxes realizadas para o evento polo recoñecido pintor Alfonso Costa.

Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 23 de Novembro de 2024 | 20:00