Recital

Grandes voces para grandes óperas

Debido ás restriccións de aforo decretadas pola Xunta de Galicia derivadas da crise do COVID, os espectáculos da Temporada Lírica A Coruña 2920 previstos para esta semana (La verbena de la Paloma e Grandes voces para grandes óperas) realizaránse cun aforo recucido de 60 persoas, que se corresponden coas 60 primeiras que adquiriran a entrada, dacordo coa plataforma de venda de entrads. 

O promotor do evento, a Asociación Amigos de la Ópera, comunicarase cos 60 compradores que, conservando a súa localidade, poderán asistir ao evento. 

 

Para todos os demáis, procederase á devolución do prezo das localidades a través do mesmo medio de pago (efectivo/tarxeta) na que se realizou a venda. 

Para compras online e en billeteira con tarxeta de crédito: procederase á devolución automática do seu importe a través da tarxeta de crédito/débido coa que se realizou a compra. A devolución incluirá o importe dos gastos de xestións que se aboasen. 

Para compras en efectivo en billeteira: para estas devolucións habilitaranse as seguintes billeteiras nas seguintes datas e horarios:

Billteira Teatro Colón

Do 2 de setembro ao 8 de septembro, ambos días incluidos

Horario 10.30 – 14.00  h e 16.30 h – 20.30 h

Billeteira Plaza de Ourense

Di 7 ao 11 de septiembre,  ambos días incluódos.

Horario habitual billeteira Plaza de Ourense (09.30-13.00 h e 16.30 h- 19.30 h).

Rogamos desculpen as molestias Dende a organización relizáronse todos os esforzos posíles e ata o último momeno para poder realizar o evento nas condicións deseñadas inicialmente, pero a situación sanitaria obríganos a adaptarse ás circunstancias. Asemade informamos que para todas aquelas personas que polas limitación oficiais non poidan asistir ao evento retransmitiranses gratuitamente as funcións en streming a través da canle habilitada pola Asoación Amigos de la Ópera: 
 

 

——————–

PROGRAMACIÓN LÍRICA DA CORUÑA 2020

 

Neste concerto contaremos coa presenza de tres dos mellores cantantes españoles da actualidade, o barítono Carlos Álvarez, aínda recente o seu triunfo no Don Carlo do ano pasado e pouco despois da aparición do soberbio Otello que gravou xunto a Antonio Pappano e Jonas Kauffman; o tenor Alejandro Roy, que comparece en España despois do enorme éxito que colleitou durante a temporada pasada como Calaf na Turandot do Metropolitan de Nova York; e o baixo Simón Orfila, tralo seu aclamado Leporello no noso Don Giovanni con posta en escena de Carlos Saura e dos seus triunfos en Italia co Ernani verdiano, entre outros.

A estas tres figuras españolas da lírica súmase a que para moitos é hoxe a gran soprano dos nosos días, Sondra Radvanovsky, na súa única actuación en España prevista para este ano. Despois de clausurar a nosa última Programación Lírica, a cantante foi distinguida a finais de 2019 co galardón á ‘Mellor Cantante’ nos Premios da Lírica, sucedendo a Mariella Devia, a anterior receptora deste importante recoñecemento que entregan tódolos teatros e festivais líricos españois.

Prezo: 23,38€ | 24,94€ | 31,17€ | 50,65€ | 54,03€ | 58,44€ | 62,34€ | 67,54€ | 77,93€



DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 3 de Setembro de 2020 | 20:00

SINOPSE

Repertorio
  • Giuseppe Verdi: Aida, Ernani, Macbeth, Otello, Nabucco, Attila.
  • Giacomo Puccini: Tosca.
  • Umberto Giordano: Andrea Chènier.
  • Ludwig van Beethoven: Fidelio.
  • Marcial del Adalid: Fantasía sobre 'Inés e Bianca' (reconstrución de Juan Durán).
  • Juan Durán: Fantasía sobre 'O Arame'.


FICHA ARTÍSTICA

  • Sondra Radvanovsky, soprano
  • Carlos Álvarez, barítono
  • Alejandro Roy, tenor
  • Simón Orfila, bajo
  • Coro Gaos / Alfredo Abbati, piano