Música

Grande Amore

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA: XULLO POP

 

“Non sei cantar e dame igual. Non sei cantar, non sei bailar, non sei falar e dame igual”, berrea Grande Amore, entre a infecciosa melodía de techno fuzz descerebrado, nunha das contundentes declaracións de intencións que guinda o seu álbum de debut. Estamos ante un proxecto francamente sorprendente, cargado de personalidade, que desde a súa primeira escoita agárrache do pescozo e ponche contra as cordas, obrigándote a amalo ou odialo. Grande Amore soa ‘macarra’ e tenro, rabiosamente humorístico e, ao mesmo tempo, vulnerable e raiado na súa desesperación existencial.