Goyo Jiménez estrea o seu novo espectáculo, inédito en televisión, e titulado EVOLUZIÓN. O considerado polo público e crítica como mellor monologuista cómico do país, deleitará ao público coa súa sorprendente, mordaz e divertida visión da evolución humana ata o día de hoxe.
Fai tropecentosmil anos, un homínido bastante feo alzouse sobre as súas patas traseiras e descubriu que, dende esa perspectiva, o mundo víase de xeito totalmente diferente. Aquilo supuxo moitos cambios para el e para os seus descendentes, tantos, que, co correr do tempo, pasaron a considerarse a si mesmos como ‘seres superiores’, chegando a esquecer a súa orixe e a súa verdadeira natureza. Pero, por sorte, a evolución, no seu eterno afán por equilibrar, creo aos humoristas para recordárllelo. Ou que pensabades, que ninguén se ía dar conta de en que vos convertestes?
Goyo Jiménez, EVOLUZIÓN