Duración: 60 minutos
Idioma: CAS
Calificación: TP
Socicles e Menechmo son dous irmáns xemelgos idénticos que son separados ao nacer. Coa desaparición de Menechmo, o abuelo dos irmáns adopta a Sosicles e cámbialle o nome polo mesmo que o do seu irmán.
O Menechmo orixinal é atopado e raptado por un mercador adiñeirado e comeza unha nova vida na cidade de Epidamno. Cos anos ambos medran separados, sen saber da vida do outro, pero todo cambia cando Menechmo II (Sosicles) decide buscar ao seu irmán perdido, chegando así á cidade na que este vive.
Deste xeito comezarán a sucederse unha serie de malentendidos e confusións entre os coñecidos de Menechmo, que o confundirán co recentemente chegado irmán, e que farán da obra unha hilarante comedia. A obra finaliza co recoñecemento mutuo dos irmáns e a súa decisión de volver á súa cidade natal, Siracusa.
'Gemelos' é unha comedia de enredo onde todo o mundo busca algo, todo o mundo oculta algo e onde non todos acaban atopando o que esperan. E, a pesar do dito, non é unha comedia política. É unha obra arriscada: sen valado, e sen gabias. Unha comedia montada co vello espírito de Plauto, é dicir, coa soa intención de arrincar do respetable unhas risas. Nada máis e nada menos.
GEMELOS, Cía. Noite Bohemia
O AUTOR E A OBRA
Plauto foi un comediógrafo latino que naceu polo ano 254 a.C. Se ben se lle atribúen ata 130 obras, téñense por auténticas 21. Plauto inspirouse nos autores da comedia nova grega e a comedia media adaptando os orixinais ao gusto romano e introducindo cancións e danza.
Das súas obras, ‘Os Menechmos‘, é a comedia de Plauto de maior éxito e influencia e o máis significativo exemplo de comedia de equívocos de toda a súa produción, xa que son as confusións provocadas polo extraordinario parecido de dous irmáns xemelgos o verdadeiro e único motor da acción que nela se desenvolve.
Destaca ademais a coidada estrutura desta comedia, un preciso mecanismo de reloxaría e cuxa manifestación máis chamativa é quizais o reparto proporcional das escenas entre os dous irmáns, que son sucesiva e alternativamente enfrontados aos outros personaxes da comedia. Se a isto unimos a abundancia de efectos cómicos e a riqueza de partes líricas, comprenderemos de seguido a alta estima na que xeralmento foi tida.