Teatro

FRAUDE, Sudhum Teatro

Sudhum Teatro achégase nesta montaxe á personalidade de Elmyr de Hory (1906 – 1976). Dise que entre Santa Eulalia e Ibiza xacen os seus restos ou, acaso, noventa quilos de pedras e area enterrados nun cadaleito. Quizais Elmyr contemplara dende unha terraza ibicenca os famosos atardeceres en San Antonio de Portmany mentres o seu féretro viaxaba a unha vida mellor.

De Hory, de orixe húngara, naceu no seo dunha familia adiñeirada. Homosexual e xudeu, foi deportado polos nazis e, acabada a guerra, tratou de facer valer a súa mestría como pintor en París; alí descubriu que as súas labores como falsificador de Picasso lle reportarían moitos cartos.

Vendía os cadros facéndose pasar por un burgués que herdara as obras da súa familia. Percorreu medio mundo e fíxose bastante recoñecido en Estados Unidos (aínda que ninguén sabía das súas does como falsificador de Modigliani, Matisse ou Renoir). Durante a súa etapa en EEUU existen datos contraditorios sobre como se gañaba a vida. Os centos de reproducións que deixou detrás súa supuxeron o inicio dunha investigación por parte do FBI: era imposible saber se os cadros eran ou non auténticos. Así que un amante seu, Fernand Legros, propúxolle un negocio perfecto, Elmyr pintaría e Legros cobraría. Elmyr non sacou grandes beneficios desa unión e, como en toda a súa vida, os seus ‘amigos’ deixárono co xusto para que non morrese de fame na súa casa de Ibiza.

É aí, en Ibiza onde centramos a atención nesta montaxe. Eran os anos sesenta e De Hory non pintara nin un so cadro en España. Encarcerárono e cando saíu de prisión chegaron: entrevistas, biografías e a película de Orson Welles ‘Fraude’.

A raíz desta popularidade De Hory marcou os seus últimos instantes de vida. Existen dúbidas sobre como morreu. A finais dos sesenta retomou a creación orixinal. Os seus cadros son tan famosos como os pintados polos outros pintores a quen Elmyr falsificou o seu estilo. Mesmo se di que chegou amosar os seus cadros nunha exposición en Madrid un ano antes de morrer.

En 1976 foi achado morto na súa casa de Ibiza, que nin sequera estaba ao seu nome. A xustiza francesa, española e estadounidense requiríao por varios delitos e el atopábase cansado para pasar o resto dos seus días no cárcere. O misterio do seu enterro fixo sospeitar a numerosos biógrafos de que a súa morte fose a última e máis grande falsificación da súa vida.

Sudhum Teatro

DOSSIER

Prezo: ANTES 04/12: 6€ (VR) / 8€. A PARTIR DE 05/12: 8€ (VR) / 10€
Duración: 75 minutos
Idioma: CAS
Calificación: + 14

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 9 de Decembro de 2016 | 20:30

SINOPSE

‘Fraude’ está baseada na vida e obra do máis famoso falsificador de cadros do século XX, Elmyr de Hory. Este xenio da pintura estivo afincado en Ibiza durante os seus últimos anos de existencia. As falsas aparencias, o que é verdade e o que é mentira, a importancia da marca e a procura dunha identidade propia son temas que atravesan a súa vida e a súa morte.

Orson Welles na súa película ‘Fraude’ fala de Elmyr. ‘Fraude’ é unha peza de teatro documental, pero tamén é ficción.



FICHA ARTÍSTICA

REPARTO: REBECA VECINO, MANUEL GARCÍA, DENIS GÓMEZ, ALBERT SUÁREZ. ESPAZO SONORO: JAVIER GORDO, JULIO VAQUERO. ESPAZO ESCÉNICO: VÍCTOR COLMENERO, NAVE DEL CAMBALEO. VESTIARIO: SUDHUM TEATRO. AUXILIAR DE PRODUCIÓN: VÍCTOR BARAHONA, SARA GARCÍA. DESEÑO GRÁFICO: SEBASTIÁN CASANOVA. DRAMATURXIA E DIRECCIÓN: GUSTAVO DEL RÍO PRIETO.