Artes escénicas

Festigual | Asociación Cultural AIS, Poten100mos e Proxecto Máscaras

DE FESTIVALES

 

Asociación Cultural AIS – A procura de ritmo e luz
Concerto multimedia creado por persoas con diversas capacidades auditivas. Lámpadas, interruptores e sons corporais serán a base deste espectáculo performativo onde a música contemporánea dialoga coas artes visuais do século XXI.

Banda de música DiversidArte da Asociación Poten100mos
A Banda de percusión DiversidArte é un proxecto de cultura inclusiva da Asociación Poten100mos creado grazas a VII Convocatoria de Cultura Accesible e Inclusiva da Fundación Emalcsa. Formada por 25 músicos con distintas diversidades e grazas á colaboración con outras entidades sociais e artistas recoñecidos como a cantante flamenca Sandra Calderón ou o magnífico percusionista senegalés Ibou Ndiaye, a banda de percusión DiversidArte ofrecerá un concerto único e divertido de 1 hora de duración con 7 temas en grao sumo variado, desde un tango, un blues, unha conga.. Un verdadeiro show que fará, sen dúbida, bailar a todo o público nunha celebración pola paz e a inclusión social.

ESTARTAP – Proxecto Máscaras
Un documental que se sitúa en 2020. A pandemia aterroriza ao mundo, baleira as rúas e enche o aire de lamentacións. Pero a Txuso, sorprendido e farto de dar ánimos despois de décadas en cadeira de rodas, ocórreselle unha idea emprendedora… Convence a Xoán, e conseguen montar ESTÁRTAP, cun éxito inmediato que lles leva a moitas contratacións para atender ás colas virtuais en espera de tratamento: “Isto vainos cambiar!”. “Imos saír reforzados como sociedade!”… Pero chega a Nova Normalidade e a xente tolea de festa en festa como se non houbera un mañá. Todo o mundo é feliz. Todo o mundo… menos os socios da empresa. E agora que?

Prezo: De balde ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Mércores, 15 de Novembro de 2023 | 18:30