Festa da Música Galega, da Irmandade da Música Galega
PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Un grupo de músicos, cantantes, investigadores e colectivos que, convencidos da importancia identitaria da nosa música, traballan por difundila, poñela en valor e facela chegar ao público para o seu disfrute, constituíronse como Irmandade da Música Galega. Esta Irmandade organizou hai un ano, neste mesmo Teatro Colón, a primeira Festa da Nosa Música.
O éxito alcanzado naquela primeira edición impulsou á Irmandade da Música Galega a darlle continuidade a este evento, presentando neste 2019 a segunda edición da Festa da Nosa Música.
Para esta ocasión teremos a colaboración do magnífico quinteto de vento Zoar, do barítono Pedro Martínez Tapia, das corais Cantabile, Sporting Club e Cántigas da Terra, asi como da Unidad de Música de la Fuerza Logística Operativa, que nos farán pasar un inesquecible serán musical con máis repertorio galego.