Cando era pequeno, lembro que xogaba con meu pai os venres pola tarde, os sábados e os domingos; pasou un tempo e xogaba con
meu pai os sábados e os domingos; pasou un tempo e só xogaba con el os domingos. Un domingo calquera atopei a meu pai vestido
para ir traballar e díxenlle- “Que fas? Hoxe é o día de xogar xuntos”. Meu pai miroume e contestoume- “Es pequeno, non o entendes, se vou traballar é para poder ter máis cousas, para ter unha casa máis grande e para poder facer máis cousas xuntos”. “Facer máis cousas xuntos!, claro, papá, se é para facer máis cousas xuntos, marcha, que eu estarei esperando”. Respondín.
E estiven esperando por meu pai…… pero non esperei só, sempre estiveron ao meu carón os meus avós. “AVÓS” é unha sesión de narración oral, para compartir, entre as netas e netos e os seus avós e avoas. “AVÓS” é un agasallo, dos máis pequenos aos seus maiores, con cada entrada que compre un neno/a, darémoslle outra, para que compartan un momento cos seus avós.
Esta sesión tamén será compartida por tres narradores: Caxoto, Soledad Felloza e Ramiro Neira.
Prezo: 6€ Segunda entrada para avós de balde So en taquilla
Falando coa boca chea – Avós