Teatro

Eurovisión (o fake show)

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

Eurovisión (O fake show) é o derradeiro texto de teatro escrito por Lino Braxe para a compañía Bucanero.

O concurso musical televisivo por antonomasia retransmitindo cancións, presentacións, votacións… As tripas da televisión, os tópicos patrios mais absurdos, músicas delirantes nun xogo escénico sen fin.

Países europeos mestúranse con China e EEUU, que non son europeos pero que participan. Como tamén participa Galicia (que non é país pero si europea) como anfitriona.

¿Podería a TVG retransmitir unha gala de Eurovisión?
¿Participaría Galicia cunha canción?
¿Converteríase polo tanto en país?
¿Estamos preparados para o grande show?
¿Onde reside a alma da patria?

Algunhas preguntas e risa asegurada.

Dous actores e unha actriz que cantan, bailan, presentan, actúan…

Eurovisión (O fake show) é un texto onde o autor, Lino Braxe, da renda solta ao seu máis persoal sentido do humor. Un texto pensado para tres actores amigos e colaboradores habituáis, como son Xosé Bonome, Pedro Picos e Sabela Hermida, no que se mestura o humor coa música, dúas das paixóns do propio Braxe.

Prezo: De balde con convite.



DATAS E HORARIOS

  • Domingo, 8 de Outubro de 2023 | 20:00

FICHA ARTÍSTICA

  • Actores: Sabela Hermida, Pedro Picos e Xosé Bonome.
  • Voz en Off: Javilópez.
  • Dirección: Rebeca Montero.
  • Texto: Lino Braxe.
  • Coreografía: Sabela Hermida.
  • Música orixinal: José Bonome.
  • Letristas: Rebeca Montero, Sabela Hermida, Xosé Bonome e Pedro Picos.
  • Vestiario: Bucanero e Manarte.
  • Deseño iluminación: Is Torrado.
  • Deseño gráfico: Héctor Bonome.
  • Escenografía: Is Torrado.
  • Produción: Bucanero e Manarte Producciones.