Recital

Episodios dunha vella historia

Poemas de Luis Seoane

Estudio de Teatro Casahamlet

O Teatro Colón, a Fundación Luis Seoane e o Estudio de Teatro Casahamlet acollen un recital-concerto no que o actor Santiago Fernández e o músico Sergio López interpretarán poemas do artista galego Luis Seoane, quizais a faceta máis descoñecida da súa obra, nos que denuncia a inxustiza da emigración, do desterro, tanto desde un punto de vista económico como político, padecido por milleiros de compatriotas que, coma el, levan sendo expulsados da súa terra durante décadas. Unha coidada selección de textos extraídos dos libros Fardel de eisilado (1952), Na brétema, Sant-Iago (1956) e A maior abondamento (1972) publicados polas editoriais Ánxel Casal, Botella al Mar e Cuco-Rei, respectivamente.

Prezo: Gratuíto, é necesario retirar a entrada na web de Ataquilla ou na billeteira do Teatro. Consultar horario da billeteira na zona entradas desta mesma web.



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 26 de Xaneiro de 2018 | 20:30

FICHA ARTÍSTICA

Intérprete: Santiago Fernández. Músico: Sergio López. Dramaturxia e dirección: Santiago Fernández