Música

Ensemble Galería – Terra

IN CAMARA

MÚSICA · DANZA · IMPROVISACIÓN · PERFORMANCE

Ensemble Galería é un grupo de artistas multidisciplinares que trata de sacar a música clásica das súas fronteiras habituais e chega a conclusións alternativas. Dirixidos por Alejandro Garrido e o seu interese por cambiar o rumbo aparente do plano da música clásica, confórmanse coma un laboratorio das Artes.

O proceso creativo é a antítese do formato tradicional de “concerto” no cal os músicos sentan para tocar en fronte dos seus atrís e o público, á súa vez, en fronte deles para lles aplaudir. Así xurdiu no verán de 2016 o Proxecto Terra, o seu primeiro proxecto como grupo interdisciplinar. Coreografiados por Andrés Marín, os músicos de Ensemble Galería integran a danza ao Cuarteto n.º 8 de Shostakovich na súa versión orquestral, obra sobre a que xira toda a produción do espectáculo.

Fóra os clichés

Non só é unha orquestra que toca sen director. Existen moitas orquestras que traballan desta maneira, en moitas ocasións dirixidas por un leader, como por exemplo, o concertino.

Ensemble Galería non só é unha orquestra que toca de memoria. Toca de memoria cun obxectivo: o de permitirse a liberdade de movemento necesaria para poder bailar, actuar ou pintar; imposible se estiveran supeditados a un atril.


  • Dirección artística: Alejandro Garrido
  • Danza: Amélie Trotet
  • Percusión: LAR Legido
  • Estilo: música clásica, danza, performance e improvisación
  • Obras de Shostakovich. Stravinsky, Ensemble Galería

Prezo: 6€ | 8€ | 10€ | 14€
Duración: 01:00


DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 2 de Febreiro de 2019 | 20:30

FICHA ARTÍSTICA

Alejandro Garrido _ Dirección Artística

VIOLINES I
Marcos Escobar
Loida Díaz
Juan Salas
Nuria Naya
María López

VIOLINES II
Elena Vázquez
María José Pámpano
Jorge Ortal
Carmen Gallego

VIOLAS
Alejandro Garrido
David López
Alba Novoa

CELLOS
Alejandro Costas
Margarida Mariño
Blanca Budiño

CONTRABAIXO
Antonio Simoes

PERCUSIÓN
LAR Legido

DANZA
Amèlie Trotet

ILUMINACIÓN
Montse Piñeiro