Música

Emilio Rúa: Lendas no Camiño

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

Emilio Rúa amosa dun xeito intimista con guitarra e piano parte das lendas que recopilou durante 20 anos convertindoas en cancións e que se plasmarán nun disco no 2021. Como di o autor “profundizo nesta temática galega que é parte do noso Patrimonio Cultural Inmaterial, moi valioso, que resistiu o paso do tempo e se mantivo vivo grazas á xente que as transmitiu de boca en boca’’. Ademáis neste espectáculo estarán presentes outras cancións da súa autoría e dos seus discos, sempre imprescindibles nos directos.