Humor

EMHU | Apocalípticamente correcto

ENCONTRO MUNDIAL DE HUMORISMO

 

Apocalípticamente correcto é o novo show de Luis Piedrahita, un inxenioso monólogo sobre a liberdade.

O ser humano sempre desexou facer o que lle dea a gana, pero é iso posible ou o noso destino está escrito e non podemos cambialo?

Luis ironiza sobre o horóscopo, que é a proba incontestable de que o noso destino está escrito nas estrelas, e sobre todo nas autocaravanas, que é a proba de que está escrito nos mapas de carreteras.

Este monólogo de Piedrahita arremete coa furia destructiva dun cachorro contra temas como as anguilas eléctricas, o pelo pubiano, a leite de soia, a choiva ou a liberdade de expresión.

Son temas controvertidos, pero Luis non teme a ninguén. Por que? Pois porque o medo espanta á risa e, de modo recíproco, a risa espanta ao medo.

Un monólogo cunha migalla de maxia, imprescindible para entender a orixe dos nosos medos e as nosas esperanzas.

Unha peregrinación a zancada de xílgaro polas praderías do absurdo, o surrealismo e a imaxinación. Que sentido ten todo isto? Ningún. Pero ninguén lle pode dicir nada a Piedrahita porque el fai isto por unha soa razón: Porque lle vén en gana. Está escrito e non podemos cambialo.