Teatro

EL PUEBLO DE LOS MELLADOS, Félix Albo

ESPECTÁCULO RECOMENDADO POR LA RED DE TEATROS

 logo_comisiones

Este artista leva vinte anos nos escenarios. Ao longo de todo ese tempo forxou un estilo propio. Percorreu espazos escénicos e festivais de todos os rincóns da nosa xeografía e tamén de países de Europa, África e América.

Da man dun humor rápido, elaborado, perspicaz e intelixente co que vertebra as súas propostas escénicas provoca no público unha relación empática e inmediata con cada un dos seus personaxes.

Pero non se queda aí. Coa palabra e o humor evoca nos espectadores distintas emocións, de xeito que sempre deixa un sorriso permanente e unha sensación de plenitude ao ter rido a gargalladas e tamén terse estremecido de xeito profundo en distintos planos emocionais.

Neste ano de celebración dos seus vinte anos de profesión trae aos teatros un dos seus mellores espectáculos: ‘El Pueblo de los Mellados’.

Prezo: ANTES 03/07: 6€ (VR) / 10€. A PARTIR DE 04/07: 8 € (VR) / 12 €.
Duración: 70 minutos
Idioma: CAS
Calificación: +16

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 8 de Xullo de 2016 | 21:00

SINOPSE

Catro asasinatos perturban a vida rutineira de todo un pobo. O garda civil autóctono, xunto a un alto rango e dous axentes en prácticas vidos dende a capital, levan a cabo unha investigación sen par que altera máis aínda a vida dos paisanos.

Sospeitosos? Hainos. E un santo, e un forasteiro, e unha moza de Beniel (Murcia), e unha infinidade de personaxes máis. Tamén un panadeiro, un campaneiro, un peixeiro e un enterrador, pero estes son os mortos. Unha historia delirante na que o humor e a intriga se mesturan con sorprendente precisión. ‘El pueblo de los mellados’ é a historia de misterio máis divertida que xamais imaxinaches.



FICHA ARTÍSTICA

DIRECCIÓN: FÉLIX ALBO. AUTOR E INTÉRPRETE: FÉLIX ALBO. DESEÑO DE LUCES: MARISOL LÓPEZ. ILUMINACIÓN: ÁNGEL SALCEDO.