Teatro
EVENTO INFANTIL INFANTIL

EL PRINCIPITO

El Principito é un clásico universal: todos o coñecemos, lémolo e gozámolo. É un deses poucos textos que podemos degustar sendo nenos ou adultos, porque nos tocará o corazón polas mesmas razóns, ou quizais por razóns diferentes. Nós quixemos iniciar aos máis pequenos nesta marabilloso historia a través dun conto visual.

Nunha linguaxe que os nenos poidan entender, querémonos dirixir a eles e a todos os que teñen aínda vivo ao neno que levan dentro, para dicirlles que a vida é unha viaxe da que hai que gozar, e na que seguro atopamos compañeiros que van acompañarnos e facérnola máis doada.

Prezo: 6 € (VR) / 8 €
Duración: 60 minutos

Calificación: TP

DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 10 de Outubro de 2015 | 18:00

SINOPSE

(Español)

El Principito fala dunha viaxe, fala da amizade, da necesidade que temos dos outros, e de todo o bo que ten ser diferente. Pero sobre todo, El Principito fala da infancia como un valor que nunca deberiamos perder, da liberdade do ser humano para escoller o seu propio camiño, aínda equivocándose, e da inocencia.