Prezo: 23 € (VR) / 26 € / 29 € [-20% con La Bella Durmiente]* En taquilla Teatro Colón
Duración: 105 minutos
Calificación: TP
Duración: 105 minutos
Calificación: TP
A obra transcorre entre o amor e a maxia, enlazando nos seus cadros a eterna loita do ben e do mal. Os protagonistas son o príncipe Sigfrido, namorado de Odette, moza convertida en cisne polo feitizo do malvado Von Rothbart e Odile, o cisne negro e filla do bruxo.
SOLISTAS: MARIA KLYUEVA, ALEXANDRA KRYUKOVA, KONSTANTIN MARYKIN, NURLAN KINERBAEV. COREOGRAFÍA: MARIUS PETIPA. MÚSICA: PIOTR TCHAIKOVSKY. LIBRETO: VLADIMIR BEGHITCHEV, VASILI GELETZER.
EL LAGO DE LOS CISNES, Russian National Ballet
Sergey Radchenko quere dedicar ‘El Lago de los Cisnes’ á memoria de quen fóra a súa parella de baile durante máis de 20 anos, MAYA PLESÈTSKAYA.
‘Ela foi o raio de luz no que tiven a sorte de somerxerme’
S. Radchenko
O Russian National Ballet fúndase en 1989, cando o lendario solista do Teatro Bolshoi de Moscú, Sergei Radchenko intenta realizar a súa visión dunha compañía que reunirá os elementos máis clásicos das grandes compañías do Ballet Kirov e Bolshoi nunha nova compañía de ballet independente dentro do marco do ballet clásico ruso. Os principais bailaríns de toda Rusia forxan baixo a dirección de Radchenko unha emocionante compañía, poñendo en escena novas producións de clásicos atemporais como Giselle, Don Quixote, Paquita e Carmen.
Dende os seus inicios, o Russian National Ballet completou numerosas xiras por Europa, con extraordinarios recepcións en Italia, Francia, España, Alemaña e os Países Baixos, ademais de Reino Unido, incluíndo numerosas representacións no famoso Coliseo de Londres.
A compañía realiza, ademais, xiras por todo o mundo, destacando as realizadas con grande éxito por Turquía (no Festival de Estambul), Grecia (Festival de Atenas), Xapón, Corea, Singapur e Hong Kong. Baixo a dirección de Sergei Radchenko, o Russian National Ballet continúa ampliando o seu repertorio.
Ademais da posta en marcha de novos traballos tanto en Rusia como no estranxeiro, a compañía especialízase nos ballets máis complexos do século XX, como La Cenicienta, Romeo y Julieta, La Leyenda del Amor, Flor de Piedra e La Edad de Oro. Elena Radchenko investigou as producións orixinais en canto á coreografía e escenografía de varios ballets clásicos de Marius Petipa, incluíndo novas producións no ano 2000 de Don Quijote, Paquita e una recreación de Giselle de Jules Perrot e de Jean Coralli.
O Russian National Ballet percorre de costa a costa os EEUU todas as tempadas cunha longa xira amosando o seu amplo repertorio nas máis importantes salas e teatros.
Nacido en 1944, Sergeiy Radchenko gradúase na Escola de Danza de Moscú, para formar parte como Gran Solista da Compañía do Teatro Bolshoi durante 25 anos. Bailou todo o repertorio do Bolshoi, tendo unha especial reputación nas danzas españolas, particularmente no papel de toureiro na obra de Bizet-Schedrin Carmen Suite, sendo a parella de baile de Maya Plesietskaya.
S. Radchenko é o fundador do Ballet Nacional Ruso co que realiza unha encomiable labor ao longo de máis de vinte anos, amosando por todo o mundo a grandeza e mestría da danza clásica rusa. Ademais, S. Radchenko é habitualmente convidado polos estamentos máis importantes a nivel mundial para impartir masterclass, facendo patente o liderado da escola do Teatro Bolshoi de Moscú.
S. Radchenko é dende 1976 Artista Honorario do Pobo da URSS.