Duración: 90 minutos
Calificación: + 14
Rafael non está conforme coa vida que leva: non pode conectar coas súas cousas nin coa xente, nunca ten tempo, aférrase ao zapping televisivo e consolase con vellos capítulos da súa serie favorita: ‘El Zorro’. Pero el xa non se parece en nada ao seu heroe de ficción. Xa non pode xogar a poñerse a capa negra, o anteface e ter unha identidade oculta. A súa realidade é moito máis complexa. Rafael, inmerso nunha terrible crise económica e de valores (algo por desgraza absolutamente de actualidade), dedica 24 horas ao día a sacar adiante o restaurante fundado polo seu pai. Está divorciado, ve moi pouco á súa filla, non ten amigos e elude comprometerse coa súa moza.
Ademais, dende hai moito tempo non visita á súa nai, internada nun xeriátrico con Alzheimer. Por todo isto, Rafael sinte que non acada as expectativas de nada nin de ninguén e xa só aspira a que o deixen en paz. Pero unha serie de acontecementos inesperados desequilíbrano: unha cadea internacional de restaurantes proponse absorber ao seu, sofre un ataque ao corazón que está a punto de acabar coa súa vida, a súa relación de parella está a punto da ruptura e para colmo o seu pais empéñase contra vento e marea en cumprir o vello soño da súa nai: casarse pola Igrexa (a pesar da oposición da propia Igrexa). Pero Rafael reencontrarase cun vello amigo da infancia que, a pesar de cargar cunha traxedia persoal, axudarao dun xeito moi particular a reconstruír o seu pasado e recuperar o seu presente. A evaluar de novo a súa vida e ordenar as súas prioridades. A historia de amor dos seus pais e a aparición do seu amigo, cousas ambas que en principio vive coma un problema, acabarán sendo o revulsivo para volver a facerse co temón da súa vida.
IDIOMA: CASTELÁN
EL HIJO DE LA NOVIA
UNHA HISTORIA DE RABIOSA ACTUALIDADE, SACADA DA VIDA
Rafael, o protagonista de El Hijo de la Novia, ve que a súa nai, incapaz de recoñecelo, é unha pantasma que xa non lembra nada. E Rafael mesmo non é senón outra pantasma tras a súa nai. Tal vez esta imaxe resuma unha historia nacida dunha experiencia persoal do propio Campanella, e que integra tamén a da actriz María Cánepa, que aos seus 85 anos, con Alzheimer, casouse pola Igrexa tras 28 anos de convivencia. Con estes elementos constrúese unha obra conmovedora sobre a necesidade de sobrevivir, a crítica á falta de compromiso, e a busca dos soños. Hai quen cre que o estrés o padecen executivos de alto nivel. Ninguén se acorda de que o estrés cotiá é cousa de xente normal (e máis nunha situación coma a presente). Case todos loitamos, nos preocupamos, e vivimos estresados, sufrindo na nosa vida persoal as consecuencias da crise. En El Hijo de la Novia preséntase, entre o drama e a comedia, simplemente, un cacho desta vida, nunha sociedade en ruínas, onde hai que volver a atopar a forza para sobrevivir e amar a pesar de todo. E de paso reflexionar sobre como a vida e a felicidade consisten en tomar os problemas dos demais como propios e non no desencanto. Aínda que ás veces, de xeito equivocado, nos pareza a única saída.
Garbi Losada