Teatro

EIRUGAS [III Mostra de Teatro Afeccionado]

CO APOIO DE
AGADICcormarca-cor
Un ano máis volve ao Teatro Colón a Mostra de Teatro Afeccionado, unha iniciativa coa que queremos apoiar o teatro non profesional e servir como plataforma de difusión para dar a coñecer o traballo destes grupos, que son parte fundamental do sector escénico.

Prezo: 5 €
Duración: 80 minutos

Calificación: + 12

DATAS E HORARIOS

  • Martes, 21 de Outubro de 2014 | 20:30

SINOPSE

Flora e Adrián celebran as súas vodas de prata cunha cea no xardín da súa casa de campo, á que asiste un grupo de amigos. No transcurso da mesma, os invitados mostrarán as súas personalidades ocultas a través do xogo de roles que propón o anfitrión e que cuestionará a sinceridade das súas relacións.



FICHA ARTÍSTICA

REPARTO. Marichel García Falcón, Juan Carlos Alonso Taboada, Valentín Entrialgo Ramos, Beatriz Sánchez Vilariño, Maica Cotelo Cancela, Yolanda Prieto López, Lola Roel, Javier Prado Vega, Juan García Galdo. DIRECCIÓN. Santiago Fernández Fernández.