Baixo a dirección de Ricardo Martín, todo un referente no mundo do teatro herculino, xúntase un elenco conformado por actrices e actores afeccionados de moi diversas idades e procedencias. De aí vénlle o “apelido” que se lle deu nesta ocasión ao clásico “Don Juan Tenorio” deste ano, que non é outro que o de “Síntesis”.
O director, e adaptador do libreto orixinal de Zorrilla, considerou que este grupo e a propia representación sinteticen as anteriores versións, de forma que coincidirán sobre o escenario novos intérpretes aportados por Noite Bohemia, con outros veteranos con experiencias anteriores na escenificación desta obra. Deste xeito, conviven personaxes representados por actores cuxas idades van desde apenas vinte anos, ata os oitenta e cuxa adaptación aos seus respectivos papeis estase producindo con total satisfacción e naturalidade; espérase ofrecer, así, un espectáculo moi interesante desde o punto de vista da súa integración no conxunto e dominio do personaxe do reparto.
Como é habitual, o estreo terá lugar o día 31 de outubro e, tanto o 30 como o mesmo 31, ofreceranse senllos pases escolares de forma que os centros educativos da capital e provincia poidan achegar aos seus alumnos a coñecer en directo unha obra emblemática da literatura e teatro clásico español. Nesta ocasión, o evento ten o valor engadido de conmemorar o bicentenario do nacemento do seu autor, José Zorrilla (1817-1893).
O proxecto conta coa imprescindible colaboración do Teatro Colón, que nos facilitou o seu magnífico marco e instalacións, así como todo o necesario para posta en escena; con recoñecemento especial á Deputación da Coruña, que fai que todo iso sexa factible.
Don Juan Tenorio – Síntesis
Asociación Cultural Zalaeta