Música

Corufest 2020: Rodrigo Cuevas

CORUFEST 2020

Axitación folclórica e electrónica, divismo de campo e humor, erotismo elegante, hedonismo e celebración dos dereitos innegociables. Fermosas coreografías contemporáneas; unha posta en escena que une elementos vintage con vídeo proxeccións e un vestiario que, unha vez máis, non deixará a ninguén indiferente, conxúganse nunha fórmula que a todo o mundo lle gustaría clonar, pero que ninguén, agás el, sabe como. Con vostedes, Trópico de Covadonga, o novo espectáculo de Rodrigo Cuevas, que utiliza as cancións que conforman o seu aclamado álbum Manual de Cortejo.

CORUFEST

Corufest naceu na Coruña (Galicia) como un Festival de artes escénicas que aposta pola programación de accións que dan visibilidade á liberdade emocional-sexual e que é un lugar de reflexión, diálogo cultural e inclusión social. Un ano máis o Teatro Colón da Coruña é un dos escenarios do Festival, xunto ao Teatro Rosalía Castro, a Fundación Luis Seoane e outros espazos da Cidade.


DATAS E HORARIOS

  • Venres, 22 de Maio de 2020 | 20:30