Artes escénicas

#CoruFest

Ciclo De Festivais

#Corufest nace na Coruña (Galicia) como un Festival de Artes Escénicas que aposta pola programación de accións que dean visibilidade á liberdade afectivo-sexual e que sexa lugar de reflexión, diálogo cultural e inclusión social.

#Corufest ten o respaldo do Concello da Coruña, Deputación da Coruña, Teatro Colón, Fundación Luís Seoane e Teatro Rosalía de Castro para a realización da primeira edición en maio do 2019.

O primeiro fin de semana de novembro do ano 2018 presentarase un aperitivo da primeira edición con eventos que se desenvolverán na Fundación Luís Seoane e no Teatro Colón da Coruña. Aí presentará a súa imaxe en sociedade e contará noticias importantes de fronte ao #Corufest 2019.

#Corufest non só aposta por unha forte programación dentro do social, tamén ten un claro rigor artístico. Mira cara a dentro da Comunidade galega, que ten un gran peso en temas de diversidade dentro das artes escénicas, pero tamén cara a fóra, dentro do territorio nacional, onde se producen pezas escénicas de gran valor tanto social como artístico.

#Corufest quere arrincar a súa programación incluíndo dentro da mesma o Espazo ALAS COLECTIVO LGTBI+, onde se exhibirá unha peza elixida polo colectivo ALAS da Coruña.

Programación:

Venres 2 de novembro
Teatro – Acción multiespacial

Microobras:

  • Una rosa es una rosa
  • Quédate conmigo

Obra central:

  • Porkulo. El cisne que aprendió a combatir
    Unha obra de Carlos Costa con Germán Prenta.
    Érase unha vez o ano…
    Non nacemos homes e mulleres, nin sequera nacemos nenos ou nenas. Así arrinca Porkulo, o cisne que aprendeu a combater, cunha voz en off que narra, en forma de mito, a historia de como o capitalismo conseguiu castrar analmente ao home heterosexual.

Sábado 3 de novembro

​Concerto – Axitador folklórico

  • Rodrigo Cuevas presenta El mundo por montera
    No seu segundo espectáculo en solitario fai una chamada de atención sarcástica en formato zarzuela BUFA. Feito en Asturias para o mundo. Un show no que mostra o seu universo: un mundo tradicional, rural, excéntrico pero tamén urbano, critico e tecnolóxico.
Prezo: 10€



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 2 de Novembro de 2018 | 20:00
  • Sábado, 3 de Novembro de 2018 | 20:30