Danza

Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña | Papyrus

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

A civilización do antiguo Exipto é fascinante, abarca un extenso período de máis de 4.000 anos, e a súa cultura deixou profundas pegadas. Entre as danzas practicadas polos exipcios, podemos destacar as danzas astronómicas, en círculo; as danzas imitativas dos movementos de árboles ou canas arroladas polo vento; as danzas de fertilidade, en roda; as danzas relixiosas e as danzas en honra de deuses como Osiris ou Hathor; danzas rituais funerarias, caracterizadas por palmear ritmicamente as mans e pola posición dos brazos elevados por enriba da cabeza; danzas profanas como as danzas de banquetes e as danzas teatrais.

Grandes coreógrafos inspiráronse no universo exipcio para crear obras maestras como A filla do faraón, de Marius Petipa, ou Cleopatra, de Michel Fokine.

Este asombroso pasado aínda ten moito de enigmático, a el asomámonos no bico dos pés.

Prezo: De balde con convite | Proximamente



DATAS E HORARIOS

  • Martes, 27 de Xuño de 2023 | 20:30
  • Mércores, 28 de Xuño de 2023 | 20:30