Este septeto de músicos galegos define a súa música como improvisación conducida. Proposta arriscada pero ao mesmo tempo cautivadora. O seu directo é apto para todos os públicos.
O Comando non so entra polas orellas, tamén o fai polos ollos. Os temas xorden a través do director que con sinais constrúe cada unha das pezas. Os músicos moi atentos, entregados á improvisación e completamente volcados na música. Aparece así unha coreografía entre eles que fai de fío condutor do espectáculo.
Os seus concertos teñen vida propia e neles poderemos escoitar momentos de noise, free jazz, impro libre, electrónica, ou non…
Comando Radar