Duración: 60 minutos
Calificación: TP
Chequín é un espectáculo do mago Paulino Gil, que interpreta a Leonardo, un máxico viaxeiro que chega ao Hotal Extravaganza onde o espera un singular recepcionista chamado Mirilla (interpretado por Julito Rapado), e alí comeza a súa aventura.
Chequín, nome inspirado na expresión Check in que fai referencia ao rexistro de entrada nun hotel, neste caso entramos a un lugar no que o imposible se fará realidade.
ESCRITO E DIRIXIDO POR: PAULINO GIL. ASESORÍA MÁXICA: LUIS DE MATOS. ASISTENCIA DE ESCENA: JULIO RAPADO. RESIDENTE PERMANENTE: LUIS MIGUEL JORGE. CONSTRUCIÓN DE ILUSIÓNS: EDUARDO PERDIGÓN, CARLES FERRÁNDIZ. EFECTOS ESPECIAIS: FLASH ART. BANDA SONORA: MATLET MUSIC. DESEÑO GRÁFICO: VANESA VIANA. TRATAMENTO IMAXES: FOTOS MARTÍN, FACTORY VIDIUM. VESTIARIO: CARLAN, DREAM SHOES, REDONDEL. ASESORÍA ESCÉNICA: GRUPO ALCATRAZ. DISTRIBUCIÓN: IDEAS PROACTIVAS, S.L., LUIS DE MATOS PRODUÇOES LDA.
IDIOMA: XESTUAL
CHEQUÍN, un espectáculo de PAULINO GIL
Premio ao mellor espectáculo de Maxia Cómica no Campeonato Mundial Street Magia celebrado en Alemaña en Agosto de 2014.
É un espectáculo homoxéneo e dinámico no que o público participa de xeito activo. Tamén é unha obra cargada de expresividade e de guiños cómicos que atrapan ao público, utilizando como medio de comunicación o xesto en vez da palabra, unido a unha coidada banda musical, escenografía e coreografía.